Anuncios
Ticker de novas

Tráfico intensifica a vixilancia na estrada que une Gondomar e O Porriño

FOTO: DGT

Durante os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro actual, levouse a cabo unha intensificación da vixilancia na estrada PO-331 que une as localidades do Porriño e Gondomar. Concretamente, as accións realizáronse entre os quilómetros 1,100 e 14,600, considerado “tramo de risco” por soportar durante o pasado ano 2 accidentes mortais e outros 5 de consecuencias graves.

O obxecto da intensificación da vixilancia por parte dos efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil nestes tramos é múltiple, destacando tres eixos fundamentais: o primeiro, reforzar a prevención e control sobre tramos da rede viaria con sinistros viarios coa consecuencia máis grave, o falecemento dunha persoa; o segundo, detectar a presenza de posibles infractores cuxa conduta inflúa determinantemente na seguridade do resto dos usuarios da vía e, finalmente, trasladar ao cidadán a idea de que a utilización de vehículos a motor nas vías públicas esixe unha condución responsable, adecuándose sempre ao cumprimento das normas. Sendo o factor humano determinante nunha inmensa maioría dos accidentes de tráfico.

A prevención específica neste tipo de tramos viarios consiste na intensificación dos controis de velocidade e alcol/drogas, na vixilancia do uso de elementos de seguridade e das distraccións na condución (en especial o uso de dispositivos móbiles) e tamén na concienciación dos colectivos vulnerables, como poderían ser os condutores de vehículos de dúas rodas e os peóns.

Durante a fase de intensificación da vixilancia no tramo da estrada PO-331, os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil con base no Destacamento do Porriño, detectaron un total de 89 infraccións á normativa de Seguridade Viaria, ademais de imputar a suposta comisión dun delito a un condutor que circulaba tras perder a totalidade dos puntos do seu permiso de condución.

Estas actuacións de carácter intensivo sobre tramos concretos da rede viaria galega cunha alta sinistralidade seguirán implementándose dentro da estratexia que a Xefatura do Sector de Tráfico de Galicia expón para o ano 2017, co obxecto de incidir de forma determinante sobre a seguridade viaria en busca do obxectivo de diminuír todo o posible o número de persoas que perden a vida nas nosas estradas ou sofren graves lesións nelas.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.