Anuncios
Ticker de novas

Os alumnos de Claudio Maseiro mostran as súas obras no Auditorio de Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Inauguración da mostra do Taller de Claudio Maseiro.

O Alcalde de Nigrán, Juan González, e o pintor Claudio Maseiro, inauguraron este venres unha exposición coas obras dos alumnos do seu taller no Auditorio-Sala de Exposicións do Concello de Nigrán.

Cunha traxectoria de máis de 25 anos no Val Miñor, o Taller de Claudio Maseiro expón as súas obras na Sala de Exposicións do Concello de Nigrán. Aínda que en este cuarto de século de traxectoria por este taller teñen pasado máis dun millar de alumnos da comarca, a mostra dos traballos céntrase nos actuais discípulos.

Obras de diversos estilos, cun selo especial en cada unha, poderán apreciarse dende o 6 ata el 22 de abril, de xoves a sábado de 18:00 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 13:30.

Anuncios