Anuncios
Ticker de novas

Suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos polo temporal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta de que o temporal costeiro de nivel vermello continuará este venres, 3 de febreiro, afectando á costa das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Tamén permanece activa a alerta laranxa por vento, con refachos que poderán alcanzar os 110 quilómetros por hora.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Lémbraselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Tamén de cara ao venres, 3 de febreiro, a Comisión Escolar de Alertas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acordou a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de todos os concellos de Galicia desde as 15.00 horas. Esta medida non afecta á actividade docente nin ao transporte escolar. No caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.