Anuncios
Ticker de novas

O alcalde de Baiona reúnese coa conselleira para mediar no conflito da Confraría

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, mantivo este mércores unha nova reunión co colectivo de percebeiros da Confraría de Pescadores “La Anunciada” para informarlles do seu recente encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na busca dunha solución o conflito no pósito baionés.

O encontro coa máxima responsable autonómica de Pesca celebrouse o pasado venres en Santiago, onde o rexedor puxo ao día á conselleira sobre a situación da confraría e as peticións que os percebeiros lle trasladaron na xuntanza celebrada o pasado 10 de xaneiro.

“Sempre dixen que estaba disposto a mediar para que os problemas se solucionen canto antes, polo ben de todos os sectores e polo ben da vila, e existiu moi boa sintonía, tanto na reunión cos percebeiros como coa conselleira”, afirmou este mércores Ángel Rodal.

O alcalde xa se ofrecera no anterior pleno municipal de xaneiro a mediar no conflito da Confraría de Pescadores e convocou aos percebeiros a unha xuntanza para pedir a súa colaboración. Este mércores estivo de novo reunido con eles para informarlles de primeira man sobre a súa visita á Consellería do Mar.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.