
O campo municipal das Gaiandas albergou este domingo o encontro entre o Gondomar e o Mondariz, correspondente á xornada número 22 de Preferente Galicia Sur, cunha tarde gris, terreo irregular e uns 100 espectadores.
No primeiro tempo o Gondomar dominou, pero as paradas de Pablo evitaron que se modificase o marcador. Aitor Gómez e Manu tentárono para o equipo local, pero os lanzamentos foron despexados polo gardameta e acabaron en córner. A única do Mondariz sería un balón en profundidade sobre Hugo, que Isma para en dous tempos.
Tras o descanso chegaría a choiva de goles. Nada máis comezar o Mondariz adiantouse cunha xogada por banda esquerda que finaliza Hugo (0-1). Tan só dous minutos despois, chegaría o empate, Aitor Gómez dispara baixo e consegue o 1-1. No minuto 59, o Gondomar volvería atopar o gol, Rubén marcaba o 2-1 tras un centro desde a esquerda. Xa no 78 de xogo, Isidro sería o autor do 3-1, tras unha falta que Aitor Gómez lle deixa e termina no fondo da rede.
O Mondariz non se rendeu, e tras un disparo de Hugo que despexa Isma e o rexeite que remata Nacho e acaba no pau, no minuto 81 Víctor conseguía acurtar distancias, cun lanzamento que golpea en traveseiro e cóase na portería do Gondomar (3-2). O empate puido chegar cun remate de Dani despois de quedar o balón morto na área tras un centro desde a banda dereita, que finalmente se vai fóra.
Nos últimos minutos chegarían dous goles máis para os locais. O primeiro, no 88, cun contragolpe no que Borja pásalle o balón a Aitor Gómez, e anota Juan en propia porta (4-2). Un minuto despois, o definitivo 5-2, de novo Aitor Gómez de cabeza.
O Gondomar ocupa a novena posición na táboa clasificatoria con 31 puntos. A próxima semana visita ao Xuventude Sanxenxo.
Gondomar CF
Titulares: Ismael López González, Andrés Romero González, Michael García Rosendo, Alejandro Villamarín Gómez, Rubén Besada Táboas, Aitor Gómez Barbosa, Miguel Vilar Costas, Serafín Pérez Garrido, Manuel Vilán Pérez, Isidro Bandeira Briz, Cristian Dacosta Vilaboa.
Suplentes: Víctor Pousadela Pereira, Jacobo Landín García, Luis Castro Fagúndez, Mario Fernández Pérez, Sydney B. Nguangua Fernández.
Corpo Técnico: Ángel Manuel Magalláns Valverde, Julio Álvarez Buylla de la Uz, Gorka Gómez Díaz.
Mondariz CF
Titulares: Pablo Rodríguez Lomba, Miguel Fernández García, Anxo Carballo Rivas, Samuel Alonso Fernández, Hugo Gómez Teixeira, Ignacio Pereira Pereira, Víctor González Amoedo, Fernando García Amoedo, Juan R. Lira Fernández, Javier Romero Tielas, Iván Domínguez Sobral.
Suplentes: Gabriel Rodríguez Gándara, Jesús Martínez Pérez, Jesús Bargiela Pretel, David Fernández Martínez, Daniel Cabezas García.
Corpo Técnico: Santiago Faro Cerqueira, Adrián Rubio Martínez, Juan Manuel Vilasboas Carballido, Juan Francisco Rodríguez Carreiro.
Be the first to comment