Couso celebra a Festa Gastronómica “As Delicias do Porco” para levar

A Asociación Novos Aires de Couso organiza o vindeiro domingo 8 de agosto a XVIII Festa Gastronómica “As Delicias do Porco”. Nesta edición, debido á situación sanitaria provocada polo Covid-19, só haberá venda para levar para casa. O prezo será de 90 euros por medio “porco ao espeto” ou de 180 euros se se desexa un enteiro. As reservas están abertas ata o día 3 de agosto no teléfono 609 90 36 35. Se empeora a situación epidemiolóxica anularase o evento e procederase á devolución do importe total. O prezo só inclúe “porco ao espeto”.