Sin categoría

O club San Cibrán A de Gondomar, campión do I Torneo Iberoamericano de bolos celta

Esta pasada fin de semana celebrouse nos campos federativos de Camos (Nigrán), o I Torneo Iberoamericano de bolos celta por equipos, no que participaron, ademais dos equipos arxentinos da Asociación Arxentina de bolos, equipos galegos adscritos á Federación Galega de bolos.

Tras dous días intensos de bolos nos que se competiu en 6 campos diferentes, os resultados finais foron:

  • Campión do torneo o club de bolos San Cibrán A de Gondomar, con 4897 bolos.
  • Subcampión club de bolos O Sobreiro, tamén de Gondomar, 4726 bolos.
  • Terceiro clasificado, club de bolos Belesar Urgal A de Baiona, con 4706 bolos.
  • Cuarto clasificado, club de bolos Peitieiros de Gondomar, con 4663 bolos.

Finalizan así 15 días de bolos nos que se xogaron o IX Torneo Intercontinental e o I Torneo Iberoamericano de bolos celta, nos que participaron equipos de Arxentina e España (galegos e asturianos).

Desde a Federación Galega de Bolos dan as grazas a todos os clubs participantes e en especial aos equipos de Arxentina, aos que desexan unha feliz e pracenteira viaxe de regreso aos seus lugares de residencia. Felicitar a todos os xogadores e equipos gañadores dos torneos, individual, por parellas e por equipos.

A próxima fin de semana nos mesmos campos de Camos xogaranse os clasificatorios galegos de categorías cadete, xuvenil, feminina, veteranos e superveteranos.