Sin categoría

Gondomar clausura o curso de novas tecnoloxías para maiores

O Concello que Gondomar acaba de dar por finalizado o programa “Mellor Acompañados”, charlas impartidas pola Fundación Amigos de Galicia, que teñen por obxecto o fomento da autonomía e a independencia das persoas maiores. Entre os coñecementos adquiridos están a utilización de máquinas de quendas, caixeiros automáticos, teléfono móbil e a APP móbil do Sergas. Nas charlas, organizadas en 4 sesións, e celebradas entre os meses de setembro e outubro, participaron un total de 25 persoas, que mostraron a súa satisfacción polos coñecementos adquiridos.