Sin categoría

A baionesa Mara Ludeña e Leyre Otero proclámanse subcampioas galegas en Sprint Infantil

O Encoro de Verducido acolleu este sábado o Campionato Galego Xunta de Galicia Sprint Infantil. A baionesa Mara Ludeña proclamouse subcampioa na categoría Infantil A e na modalidade C2 500m, xunto coa súa compañeira Leyre Otero. Hai que destacar que se trata dunha categoría superior á de Mara, que é Infantil B. As deportistas do Club Kayak Tudense foron segundas cunha marca de 2:47,57 e 34 puntos. Vera Alonso e Cristina Villarroel, do Club de Mar Ría de Aldán, ocuparon o primeiro posto cun tempo de 2:35,23 e 36 puntos, e pechando o podio en terceira posición, Marta Palmas e Noa Ferradás, do Real Club Náutico Rodeira de Cangas, cunha marca de 02:55,46 e 32 puntos.