Acordeones Mascarenhas ofrece un concerto no Centro Cultural de Chaín

O Centro Cultural “A Merced” de Chaín celebra este sábado 6 de maio o Día da Nai cun concerto do grupo Acordeones Mascarenhas de A Guarda, no que presentará o seu terceiro disco, co que celebra o seu XX Aniversario. O concerto comezará ás 20:30 horas e haberá un detalle para todas as nais presentes. A entrada é gratuíta.