O Concello de Nigrán engade este verán á súa oferta deportiva a actividade de fitness no Pavillón Municipal en clases dirixidas por un monitor e con 10 persoas como máximo. Estas son gratis, comezan este luns 17 de xuño e desenvolveranse en 6 sesións diferentes, debendo o usuario interesado inscribirse nun horario concreto a través dun formulario web pendurado en http://www.nigran.es.
A maiores, e como cada verán, o Concello ofrece en xullo e agosto de xeito gratuíto no complexo deportivo Dunas de Gaifar a actividade de zumba (luns, mércores e venres ás 11:00 e 19:00 horas), pilates (luns e mércores ás 10:00 e 20:00 horas), tai-chi (martes e xoves ás 11:00 e 19:00 horas), ioga (martes e xoves ás 10:00 e 20:00 horas). En ningún destes casos hai que inscribirse previamente.

