O Concello de Nigrán informa da apertura do prazo de matrícula para o próximo curso da escola de música da Agrupación Musical Santiago de Parada, que nace co obxectivo de lograr ter una banda de música en Nigrán, na que o Concello colabora cunha subvención de 20.000 € para a adquisición de instrumentos e os diferentes recursos que se precisen.
A oferta desta escola de música está dirixida ás nenas e nenos a partir de 4 anos e sen límite de idade, ofertando clases de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Grupo de Adultos e clases de instrumento (vento-metal con trompeta, trompa, trombón, tuba e bombardino; vento-madeira con clarinete, saxo e frauta traveseira; e percusión sinfónica).
Durante o verán ofrécese un desconto na matrícula para todo aquel que teña interese en aprender música. Para máis información o contacto é amsantiagodeparada@gmail.com ou o teléfono 722651027.

