Sin categoría

Aberto o prazo de inscrición do Campus de Verán da Piscina Mancomunada do Val Miñor

A Piscina Mancomunada do Val Miñor volve organizar este verán o seu campamento para todos os nenos e nenas que queiran pasar unhas vacacións diferentes, cheas de deporte e diversión.

O obxectivo de Serviocio, empresa que xestiona o centro, é crear un ambiente saudable e activo que afaste aos nenos do sedentarismo infantil. Caracterízase por unha oferta non só centrada no deporte onde poder gozar dunha ampla variedade de actividades acuáticas e natación, así como outras disciplinas como multideporte, Gymkhanas, natación… Senón tamén na diversión con obradoiros creativos, actividades coreográficas, excursións… que ademais favorecen as dinámicas de grupo.

O campamento desenvólvese pola mañá e é contratable por quendas semanais. Poderán inscribirse os nenos e nenas de entre 4 a 13 anos, aínda que se distribuirán en grupos de idade, e ofrécense descontos especiais para segundos irmáns.

As inscricións realízanse de forma presencial no centro deportivo situado na Avenida Manuel Lemos de Nigrán. Pódense consultar os detalles na páxina web http://www.serviocio.es/campusverano e descargar o dossier informativo con prezos, actividades e horarios.