Baiona aposta por unhas Festas da Anunciada máis silenciosas e inclusivas

O Concello de Baiona celebrará esta fin de semana as Festas da Anunciada máis inclusivas. Sendo conscientes da necesidade de que sexan para o desfrute de todas as persoas, a Concellería de Cultura decidiu que o sábado 3 de agosto de 17:00 a 20:00 horas as atraccións funcionarán sen música nin luces para que os pequenos con autismo, TDAH e outros trastornos poidan gozar destas.

Así mesmo, facilitarase que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar dos concertos habilitándose unha zona á cal se accederá desde a porta VIP. Outra medida que se tomou, para favorecer o descanso dos veciños, é suprimir os sons das atraccións unha vez finalizados os concertos. O luns 5 celebrarase o Día do Neno e as atraccións funcionasen toda a tarde.

Anuncios