Sin categoría

O club San Roque de Camos proclámase campión da II Liga Galega feminina de bolos celta

O club de bolos San Roque de Camos-Nigrán, proclamouse campión da II Liga Galega feminina de bolos celta. Esta liga estaba composta por 12 equipos, que dende comezos de marzo vén disputando os seus enfrontamentos os domingos pola mañá.

Tras o equipo de San Roque, clasificáronse por esta orde, os equipos de Medialdea A, Rega e Baredo. Ademais participaron os equipos de Medialdea B, San Miguel, Gondomar, Estivada, Portameán, Camos, Belesar Urgal e As Pedriñas.

A próxima fin de semana xogaranse os clasificatorios de parellas de primeira e segunda categoría.