Sin categoría

Unha quincena de establecementos participan nunha nova edición de “Baiona en Vela”

A iniciativa “Baiona en Vela”, un evento posto en marcha entre a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) e o Concello, coa colaboración da Xunta de Galicia, volve á rúa Carabela Pinta tras o éxito das edicións anteriores de primavera e verán. Nesta ocasión trátase da “Edición Primavera”, que terá lugar desde o 17 ao 19 de maio en horario de 10:00 a 21:00 horas. A elección da rúa Carabela Pinta débese á súa contorna agradable e segura, onde se utilizará unha das zonas peonís do Centro Comercial Aberto Baiona Real. Participarán unha quincena de establecementos: Moda Rafiky, Silverman, Las Cosas de Noe Shop, Nac Complementos, Corchete Lencería, Los Tejanos, Óptica Real, Atleet Dorna Sport Baiona, Baila Carolina, Bellma, Floristería Tornasol, Malúa Moda, Olé Íntimo, Happy Kids, A&J Complementos e Tupperware.