Sin categoría

O Carme Baiona convoca unha Asemblea Extraordinaria

Este venres, 17 de maio, a directiva de O Carme Baiona convoca a todos os seus socios e socias a unha Asemblea Extraordinaria. Terá lugar no Liceo Marítimo de Baiona, ás 21:00 horas. Con motivo da convocatoria o bingo atrásase ás 22:30 horas para ter marxe entre a asemblea e a montaxe do mesmo. Tras a decisión do Concello de bloquear A Palma este ano, espazo onde sempre se realizaron as tradicionais festas na honra da Virxe do Carme, a asociación quere coñecer a opinión dos socios antes de dar un paso adiante.