A pasada fin de semana a escola de danza Ldanzia de Gondomar estivo na seguinte fase do Concurso Nacional de Danza realizado en Burgos. O centro miñorano acudiu cun total de 27 bailaríns, e das 5 coreografías que levaron as 5 foron premiadas con primeiro premio.
- Noa Alborés/Bunny Girl (Felicitación do xurado)
- Faz Gostoso (Unanimidade do xurado)
- Huérfanos (Unanimidade do xurado)
- Rihanna Performance
- Beetlejuice
Agora participarán no Europeo, que se celebrará en Roma-Italia o 1, 2 e 3 de novembro. “Estamos moi contentos e orgullosos do traballo dos nosos bailaríns e do resultado. Agradecer ás familias e a todos os que nos apoian e están aí en cada unha das nosas aventuras”, sinalou Lorena Benítez, directora da escola.













