Sin categoría

Gran churrascada en San Pedro da Ramallosa

A Comisión de Festas de San Pedro da Ramallosa organiza o domingo 12 de maio unha gran churrascada. O menú, cun prezo de 20 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos de 7 a 12 anos (os menores de 6 non pagan), inclúe churrasco, ensalada, bebida, sobremesa, café e chopo. Haberá carpa, grandes sorteos e a música de Prossy. Teléfonos para reservas 670062264 e 679557443.