Escape room dixital en Baiona baixo o título de “Arribada da Carabela Pinta”

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño se enorgullece en presentar “Eureka”, unha iniciativa innovadora destinada a divulgar o patrimonio e os recursos turísticos de Baiona. A partir do mes de maio, esta emocionante proposta convidará a residentes e visitantes a descubrir os tesouros culturais e naturais que distinguen a esta vila a través dunha actividade gratuíta de escape room ao aire libre.

Baiona será o concello que estree esta serie de escape rooms temáticos o próximo 12 de maio baixo o título de “Arribada da Carabela Pinta”, unha aventura centrada na cultura local do municipio para desentrañar o misterio do territorio a través de códigos QR e xeolocalización. Transcorrida a data esta actividade poderase descargar e quedará aberta durante un mes para que os veciños e as persoas visitantes poidan xogar por libre.

Os xogos virtuais estarán deseñados para todas as idades e contarán cun premio para o grupo de persoas que complete a proba en menor tempo: unha experiencia turística para ata seis persoas valorada en 500 euros noutro municipio do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Ademais, entre todas as persoas participantes cada concello sorteará un lote de produtos do territorio valorado en 150 euros.

Eureka ofrecerá aos participantes a oportunidade de mergullarse na historia e o patrimonio de Baiona e outros 13 concellos, como Nigrán, Tui, Mos, A Guarda, O Porriño, Oia, Gondomar, O Rosal, Fornelos de Montes, Tomiño, Pazos de Borbén, Soutomaior e Redondela. Cada escape room estará deseñado con enigmas e desafíos relacionados coa cultura local, elementos naturais e personaxes históricos, proporcionando unha experiencia inmersiva única que combina aventura e aprendizaxe.

Para participar é necesario cubrir este formulario, no que se pode seleccionar o escape room ao que se quere asistir.