Sin categoría

VIII Roteiro Cabalar en Peitieiros

A Comisión de Festas de Peitieiros organiza o sábado 4 de maio o seu VIII Roteiro Cabalar. A saída será ás 9:30 da mañá para completar un percorrido duns 20 quilómetros aproximadamente. Ás 11:00 haberá sesión vermú con bocadillo e ás 12:30 unha parada para tomar un refrixerio (prezo a maiores). O evento finalizará cunha gran churrascada a partir das 14:30 horas, con sorteos e música. A comida -que inclúe churrasco mixto con criollos, sobremesa, bebida, café e chopos- e a sesión vermú terán un custo total de 22 euros (12 euros para os menores de 12 anos). Os que só queiran o bocadillo da sesión vermú deberán abonar 5 euros. As inscricións poden realizarse ata o 1 de maio no teléfono 628503943.