Sin categoría

O Club Escola Rosalía Peixes Vimar de bádminton proclámase en Nigrán campión de liga

O conxunto do Club Escola Rosalía Peixes Vimar de bádminton vén de proclamarse no día de onte campión de liga no Pavillón Municipal de Panxón (Nigrán). Os rosalianos alzáronse co título tras derrotar ao CB Zamora por 6-1 e ao IES La Orden por 7-0. Así os rosalianos ocuparían a primeira posición, o IES La Orden de Huelva a segunda praza e os coruñeses de San Amaro a terceira.

Esta xornada final da Liga Nacional Bronce estivo organizada polo Club Escola Rosalía Peixes Vimar. O evento contou coa participación de máis de 120 xogadores pertencentes a 12 clubs de Andalucía, Castela e León, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Canarias e Galicia, que chegaron a esta cita tras as xornadas anteriores celebradas en Sevilla, Huelva e A Coruña. A competición foi un completo éxito organizativo grazas ao gran apoio do Concello de Nigrán.

Na competición participaron os seguintes equipos ADC Arroyo Tejada (Madrid), Recreativo IES A Orde (Huelva), Larios Rental Jorge Guillén (Málaga), CB Palencia (Palencia), CB. Valladolid (Valladolid), Club do Mar de San Amaro (A Coruña), Club Bádminton Hinojeros Granadilla (Tenerife), Tenzul El Rosario (Tenerife), Club Bádminton Riconada (Sevilla), Drop Valencia (Valencia), Club Bádminton Zamora (Zamora) e o anfitrión Club Escola Rosalía Peixes Vimar (Pontevedra).

Este evento estivo patrocinado pola Federación Española de Bádminton e o Concello de Nigrán e contou co apoio do Consello Superior de Deportes, a Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Asociación Escola Rosalía de Castro e das firmas privadas da Federación Española de Bádminton El Corte Inglés, Iberdrola, Loterías y Apuestas del Estado e Yonex.