Anxo Castro Varela proclamouse este domingo campión absoluto no XXIII Medio Maratón Vig-Bay. Ás 10:30 horas, os máis de 4.200 atletas partían desde a Avenida de Samil para completar os 21.097,5 metros de percorrido por Vigo, Nigrán e Baiona. O gañador fíxoo en 1:06:49, a pouco máis de 1 minuto de Jose Canda Louzao (1:08:01), que cruzou a meta en segunda posición. O terceiro lugar foi para Manuel Lorenzo López, cun tempo de 1:08:20.
En categoría feminina, a primeira atleta en cruzar a meta situada na Rúa Elduayen foi Sonia Abad Martínez, que completou o percorrido en 1:23:42. 29 segundos despois chegaba Marta Castroviejo Bermejo (1:24:11), e pechando o podio, Sofía Freaza Otero, cun tempo de 1:25:10.
En triciclo, handbike e joelette, a vitoria foi para Aitor Rivera Estévez (49:03). Iván Bragado Fernández (51:52) ocupou a segunda posición e Suso Valverde Cordeiro (53:34) a terceira. En categoría feminina, a gañadora foi Beatriz Bautista Álvarez (55:44), seguida de Laura Martínez Román (55:52) e Celeste Fernández Pérez (56:16).
Daniel Bargiela Araújo converteuse no gañador da III Minibay, proba que contou con 943 rexistrados e comezou tamén ás 10:30, completando os 10,5 quilómetros de percorrido entre Panxón e Baiona en 35:22, a máis dun minuto de Martín Barreiro Gómez (36:49), segundo. Anxo Otero Amoedo (37:03), cruzou a meta en terceira posición.
Na categoría feminina, Ana Isabel Soutullo Paradela subiuse todo o máis alto do podio, cun tempo de 43:59. Estefanía González Rodríguez (44:20) foi segunda e Purificación Anegas Fernández (45:10) terceira.
O 27 de febreiro do ano 2000 daba a saída a primeira edición do Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay con 613 corredores. Nesta vixésimo terceira edición, a Vig-Bay contou con máis de 5.000 atletas e xa é a proba popular con maior participación de Galicia.

