Anuncios
Ticker de novas

Unha trintena de empresas e servizos de Baiona reciben o distintivo Sicted

Esta mañá o Alcalde de Baiona e Responsable de Turismo, Ángel Rodal, fixo entrega no Salón de Plenos do Concello dos distintivos de calidade ás 29 empresas e servizos que superaron o comité de decembro pasado.

O Alcalde agradeceu aos establecementos turísticos o seu compromiso coa calidade e a súa continuidade nun proxecto que se perpetúa no tempo. Ademais manifestou que sendo Baiona o primeiro Municipio de Excelencia Turística Galega, séntese orgulloso de que sexa dos poucos destinos da comunidade que xestionen este importante selo de calidade.

Na actualidade, hai 42 empresas de Baiona adheridas ao Sicted, das cales, 40 están distinguidas e dúas en fase de implantación. Están representadas empresas de 14 oficios. A Real Vila viuse recompensada en dúas ocasións, recibindo o terceiro premio como Mellor Destino Sicted nos anos 2014 e 2016. Tamén resultou o terceiro, de entre máis de 200 destinos participantes de toda España.

Empresas e servizos distinguidos e en fase de implantación de Baiona, na actualidade:

1. Estación de Servicio Monte Real
2. Hotel Anunciada
3. Monte Real Club de Yates de Bayona
4. Oficina de Turismo de Baiona
5. Óptica Baiona
6. Parador de Turismo Conde de Gondomar
7. Policía Local de Baiona
8. Hotel Tres Carabelas
9. Casa Rural San Lourenzo
10. Apartamentos Ababides
11. Casa do Marqués
12. Estelas
13. Hotel Arce
14. Hotel Rompeolas
15. Jamonería Jaqueyvi
16. Joyería Tula
17. La Crep
18. La Pedalería
19. Le Sept
20. Luna Baiona
21. Mirador Ria de Bayona
22. Peluquería Belmer
23. Recuncho Mariñeiro
24. Restaurante Pedro Madruga
25. Playa Ladeira
26. Playa Ribeira
27. Playa Barbeira
28. Playa de Sta. Marta
29. Playa de Frades
30. Playa Concheira
31. Bibendum
32. Mesón Fonte de Zeta
33. Mesón Jamonería Fidalgo
34. Viajes Val Miñor
35. Benestar Baiona
36. Restaurante el Tunel
37. Queimada Gastrobar
38. La Llave
39. Casa de la Navegación
40. Momo Baiona Gastrobar
41. D´Sastre (fase implantación)
42. Bayona Playa (fase implantación)

Anuncios
error: Contido protexido