Sin categoría

Obradoiro de cociña sen glute para persoas adultas en Nigrán

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) para ofrecer o sábado 20 de abril un obradoiro de cociña sen glute a cargo de “Ecogalletas” de 10:00 a 14:00 horas no CEE de Panxón (Camiño dos Lagos, 1). A actividade é gratuíta e está dirixida prioritariamente a persoas adultas empadroadas no municipio, sendo imprescindible inscribirse previamente nun formulario web en http://www.nigran.es ao estar as prazas moi limitadas. Os asistentes realizarán galletas en formas e con cookie-press, galletas de rulo e corte, outras tipo cookies americanas e biscoito de mazá, todo elo sen glute para que sexa apto de verdade para unha persoa celíaca.