Sin categoría

Motor, gastronomía e actividades infantís danse a man esta fin de semana en Priegue

Este sábado 13 de abril, a parroquia de Priegue acollerá a Festa do Motor e o domingo 14 a Festa do Polbo, organizadas pola Comisión de Festas de Priegue 2024.

A xornada do sábado comezará con actividades infantís gratuítas. Un circuíto de obstáculos inchable, pintacaras, mesa de tatoos temporais, xogos tradicionais e premios para todos os participantes, deleitarán aos máis pequenos da casa. A partir das 16:00 horas comezará a exposición de coches, onde se poderán apreciar vehículos clásicos, de alta gama, de carreiras e todoterreo. Xa entrada a tarde, ás 20:00 horas, empezarán as actuacións de DJ Nuch Marino e do artista local Jose Prosy na súa faceta como “disc-jockey”. Durante todo o día haberá unha carpa gastronómica onde se poderá degustar churrasco, choripán, hamburguesas, etc…

Domingo 14 de abril

O domingo a partir das 12:00 horas dará comezo a Festa do Polbo, onde os comensais poderán gozar deste suculento prato elaborado por Pulpería Ruzo de Carballiño, tamén haberá churrasco. A sobremesa estará amenizada por Prosy.

Durante toda a fin de semana realizaranse sorteos nos que se repartirán diversos premios valorados economicamente entre 20€ e 150€. Colaboran: A.VV. A Irmandade de Priegue, Cambeiro Motosport, PDM Car Center, Dulce & Gamberro Barbería Tattoo, Autoescuelas Faro, Rodosa, Neumáticos Rodavi y Renault.