Sin categoría

Rouban unha carpa e un carretillo da Comunidade de Montes de Couso

A Comunidade de Montes en Man Común de Couso denuncia o roubo dunha carpa e un carretillo da súa propiedade. O suceso produciuse na noite do 3 ao 4 de abril. Desde a entidade solicitan que se alguén ten algunha pista chame á Garda Civil ou contacte coa Comunidade de Montes no teléfono 609442637 ou no correo montesdecouso@gmail.com.