O Club Patinaxe Artística Gondomar organiza o Trofeo Deputación de Pontevedra de Benxamín a Infantil, que terá lugar o sábado día 30 de marzo no Pavillón Municipal Souto-Donas, no Concello de Gondomar. O campionato abarcará a xornada completa do día comezando coa categoría infantil de mañá, e finalizando coa competición benxamín en xornada de tarde. Todo iso coa colaboración de diferentes entidades, como o Concello de Gondomar, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Deputación de Pontevedra.
O CPA Gondomar organiza o Trofeo Deputación de Pontevedra

