O Concello de Gondomar, a través dunha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra, enmarcada na liña 3 (Programa de activación do Emprego 2024) do Plan +Provincia, incorporará a 12 traballadoras e traballadores, que comezarán dende abril ata decembro e reforzar así o Concello o seu cadro de persoal.
Das doce novas incorporacións, sete serán destinadas a reforzar os servizos varios e mantemento dos centros educativos. Tamén 1 condutor de camión, 1 palista, e 2 persoas para servizos de administración xeral. Actualmente o Concello encóntrase realizando o proceso de selección dos candidatos e candidatas, que foron preseleccionados polo Servizo Público de Emprego.
O orzamento total para estas contratacións ascende a 217.126,76 euros, dos que a Deputación achega 213.837,99 euros e o Concello de Gondomar 3.288,77 euros.
O alcalde Paco Ferreira quixo destacar que “con estas incorporacións, por unha banda, damos unha oportunidade a persoas en situación de desemprego, e por outra, reforzamos os servizos de vías e obras e de mantemento dos centros educativos públicos, o que demostra a nosa firme aposta polo ensino público”.

