Sin categoría

Quinta xornada da liga galega de xadrez para o Laroca

Este sábado dispútase a quinta xornada da liga galega de xadrez e o equipo Laroca-Nigrán A, encadrado no grupo C da primeira división, desprázase a Illa de Arousa para enfrontarse ao xadrez Dorna Vengarco, onde intentará resarcirse da derrota sufrida a pasada xornada por 1,5-2,5 ante o equipo vilagarcián CXF-Espazo Xove.

Na segunda división no grupo E, o Laroca-Nigrán B, despois do empate a dous na Guarda ante o Xadrez Albatros B, enfróntase en Nigrán ao equipo vigués do Lucena Caro Cant’s, mentres o outro representante nesta categoría, o Laroca-Nigrán C, desprázase a Vigo para enfrontarse ao líder da categoría o Vila de Bouzas. Na pasada xornada o Laroca-Nigrán C caeu derrotado en Cotros ante o Alekhine-Correduría Tempu por 1-3.

Na terceira categoría dentro do grupo H o Laroca-Nigrán D desprázase á Guarda para enfrontarse a Xadrez Albatros D. Na pasada xornada os nigraneses impuxéronse ao equipo Xadrez O Dragón A por 3.1.