Sin categoría

Obradoiro interxeracional de nós e artes mariñeiras en Baiona

A Concellería de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas do Concello de Baiona organiza un obradoiro interxeracional para aprender a realizar nós e coñecer as artes mariñeiras. Dous mariñeiros da Vila, Suso e Enrique Álvarez, serán os encargados de mostrar os seus coñecementos a todos os nenos e nenas que queiran participar e coñecer de primeira man as destrezas mariñeiras. Terá lugar o martes 12 de marzo de 17:00 a 18:00 no hall do Concello de Baiona, onde se pode gozar da mostra etnográfica “O gremio de atadores e cordeleiros” a cargo de Anxo Rodríguez Lemos, Cronista Oficial da Vila. Necesario inscribirse chamando ao 680 508 346.