Sin categoría

Xogos solidarios no CEIP Serra-Vincios

O martes 30 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz, o CEIP Serra-Vincios de Gondomar fixo unha xornada de xogos feitos con material de refugallo, e ese día, cada neno/a conseguiu un carné que levou a casa selado coas probas nas que participou. Con esta iniciativa pretenden que cada familia patrocine os xogos, achegando alimentos non perecedoiros e/ou produtos de hixiene para doar ao banco de alimentos de Gondomar. No día de hoxe realizouse a recollida dos alimentos e produtos de hixiene para os máis necesitados por parte da ANPA, Comunidade de Montes de Vincios e AVV Galiñeiro de Vincios.