Prata e bronce para as baionesas Iria e Mara Ludeña no Campionato Galego

Este sábado o Encoro de Pontillón do Castro en Verducido foi o escenario do emocionante Campionato Galego de Piragüismo. Nesta competición, os amantes deste deporte puideron gozar das modalidades de K4 e C4. Pola mañá disputáronse as probas das categorías infantil, cadete e veterano. Pola tarde, foi a quenda dos xuvenís e sénior, quen pechou a intensa xornada acuática.

As baionesas Iria e Mara Ludeña, do Club Kayak Tudense, lograron a prata e o bronce nas súas respectivas categorías. En xuvenil K4-3000, Iria proclamouse subcampioa galega xunto coas súas compañeiras de equipo Daniela Álvarez, Irea Alonso e Alba Varela. En infantil K4-3000, Mara, acompañada de María García, África Correa e Lara Martínez, finalizou en terceira posición.

O evento alcanzou unha participación de 26 equipos, sumando 157 embarcacións e congregando a 628 deportistas.