Os Reis Magos percorrerán as principais rúas de Gondomar

As Súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán a Gondomar o vindeiro venres 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito, e a partir das 17:00 horas percorrerán as principais rúas de Gondomar, para repartir caramelos e ilusión a todos os nenos e nenas da vila.

A saída será desde o Pavillón Municipal de Deportes Bernabé Costas de Miranda, e unha vez rematado o seu percorrido pola Avenida das Gaiandas, Avenida da Feira, Avenida Elduayen, Rúa Rosalía de Castro, Rúa Otero Pedrayo, Rúa Ángel Urzáiz, Rúa Manuel Losada, Rúa San Bieito, Rúa As Pereiras e Avenida Conde de Gondomar, terá lugar na Praza Paradela a recepción oficial a cargo do alcalde.

As Súas Maxestades recibirán as peticións de quen queira achegarse.