O Concello de Nigrán pecha a terceira edición do mercado de inverno Bulebule este domingo 17 de decembro con concertos e obradoiros nun evento que reúne na propia Praza do Concello a máis de 30 firmas artesás de toda a comarca. Así, ás 13:30 estará a cantautora Carla Lourdes, ás 18:00 o grupo The Music Bross, ás 19:00 a Coral de Chandebrito no Auditorio ao seu carón e ás 20:00 no exterior o concerto da rock band The Twinpims. Igualmente, pensando na infancia e tamén adultos, no Bulebule desenvolveranse diferentes obradoiros para os que é preciso inscribirse previamente en http://www.bulebulenigran.es (ás 11:00 de cerámica, ás 12:00 de ramos de flores e ás 13:00 de cartas con lettering).
Nigrán programa música en directo e obradoiros para despedir o “Bulebule”

