O goberno de Nigrán pedirá explicacións a Facenda polo cobro do IBI con carácter retroactivo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Pleno de Nigrán.

O plan de regularización de inmobles ocultos 2013-2016 que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas aplica en todo o territorio español arrancou en Nigrán en marzo de 2016 en busca de edificacións non declaradas. A Xerencia Territorial da Dirección Xeral do Catastro en Pontevedra a través de ORAL iniciou o cobro de todas aquelas vivendas, naves, piscinas o incluso ampliacións de plantas, garaxes ou calquera tipo de edificación que ata agora non constara oficialmente.

O goberno municipal mostrouse favorable á legalización dos bens, aínda que se opuxo frontalmente a que se cobrase aos propietarios por inscribilos. «É necesario que todos os contribuíntes tributen en igualdade de condicións e, polo tanto, non debemos opoñernos a que se faga unha revisión, pero esta regularización non debe converterse nunha persecución de pequenas construcións auxiliares na procura de novos pagadores. Nigrán é un municipio cunha gran parte do seu territorio en zona rural e non sería comprensible nin xusto que alpendres ou invernadoiros pasaran a ser motivo de regularización como se de edificacións estables se tratase», declarou naquel momento, Juan González, alcalde de Nigrán.

O Concello en ningún momento solicitou do Ministerio de Facenda a posibilidade de reclamar aos afectados o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) con carácter retroactivo, pudendo requirir o abono dos últimos catro años, tal como declarou o alcalde de Nigrán en marzo de 2016.

“Agora empezan a chegar ao concello veciños e veciñas coas cartas de pago do Ministerio de Facenda dos últimos catro anos o que supón, en moitos casos, unha carga tributaria difícil de soportar, polo que porémonos en contacto de xeito inmediato coa Delegación de Economía y Facenda de Pontevedra para que nos dea explicacións sobre o cobro con carácter retroactivo e no último dos casos da posibilidade de facer os pagos aprazados para minimizar a carga nos cidadáns”, declara Juan A. González, Alcalde de Nigrán.

“En ningún dos casos a regularización catastral foi solicitada nin por este goberno nin polo anterior, trátase dunha acción posta en marcha dende o Goberno do Estado a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e comunicada ao concello de Nigrán o 15 de novembro de 2013 e solicitado seu aprazamento polo anterior Alcalde ata 2016”, conclúe o rexedor.

Anuncios