Sin categoría

O Club Patinaxe Nigrán celebra o seu Festival de Nadal solidario

O Club Patinaxe Nigrán celebra o domingo 17 de decembro o seu Festival de Nadal, a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal de Panxón. Tamén participarán como convidados patinadores do Club Eixo Gondomar, o CPI Arquitecto Palacios e as Escolas de Gondomar. Ademais, trátase dunha gala solidaria, xa que se recollerán alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Nigrán.