O mes pasado, como consecuencia do temporal, unha parte do valado que rodea o Campo do Aral caeu abaixo. Xa tendo constancia do deterioro, o anterior equipo de goberno acadou unha subvención da Xunta de Galicia de 38.242,32€. No anterior pleno, os socialistas preguntaron pola xestión deses fondos tal e como se pode ver no vídeo da sesión en YouTube.
A resposta foi que hai máis cousas que facer no Aral e van a rexeitar os cartos. “Mentres tanto, centos de familias pasan por ese espazo deteriorado, entre os que tamén se atopa a grada cuberta, sen que o Concello achegue unha solución e tire os cartos ao lixo por non habelos conseguido eles”, lamentan os socialistas.
“Aínda que non cheguen para todo o lóxico sería investir os cartos nos espazos que máis o precisen. Pola contra, catro meses despois o goberno actual rexeita unha subvención socialista e evita dicir que a súa desidia é a única responsable de que aínda non comezasen as obras de reparación”, consideran desde o PSdeG.

