
Os fondos europeos foron aprobados en decembro do ano 2021 para o proxecto “Descubre Baiona”. Chegaron este ano 2023 e os retrasos na licitación por parte de Almuiña dos diferentes proxectos, xa preparados polo goberno anterior, pode provocar que eses cartos se perdan.
Trátase dun investimento de 2 millóns de euros que supoñerían a humanización e mellora da Praza de Santa Liberata, a implantación da bicicleta eléctrica, a creación dunha ruta de sendeirismo que unía todas as parroquias a través dos montes e a zona do litoral e, ademais, un aparcamento disuasorio para combater o problema de aparcamento na vila.
Tras preguntar no pleno do mes de novembro e non obter resposta por parte do novo alcalde, os socialistas de Baiona xa agardan un falso comunicado do Concello anunciando que “a culpa de perder estes fondos volve ser do Partido Socialista e de Carlos Gómez” cando agora estes proxectos son responsabilidade do novo goberno municipal.