
A carpa instalada na Praza do Concello de Baiona acollerá o vindeiro sábado 25 de novembro a partir das 18:00 horas o VI Festival de Música Tradicional organizado por A Seneira. Ademais do grupo anfitrión, participará Castanholas de Freamude Pedaços de Nós, de Portugal. O evento conta coa colaboración do Concello de Baiona.