Anuncios
Ticker de novas

Máis de 22.000 probas de alcol e drogas realizadas nas estradas da provincia no mes de maio

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou durante o pasado mes de maio 22.272 probas de alcol e droga na rede viaria da provincia de Pontevedra.

Nos controis de alcoholemia detectáronse 375 condutores que deron resultado positivo. A maior parte deles, 333 foron detectados en controis preventivos, 23 con motivo de sufrir un accidente de circulación, 18 con ocasión de infraccións á Lei de Seguridade Viaria e un por síntomas.

Pola súa banda, outros 258 condutores deron resultado positivo en drogas. Deles: 226 detectáronse nos controis preventivos, 20 con ocasión de infraccións e 10 con motivo de sufrir un accidente de circulación. Sobresaen os casos de cinco condutores que deron positivo en catro drogas distintas.

Por idades, a porcentaxe máis alta de probas positivas de alcoholemias correspóndese co grupo de condutores comprendido entre os 45 e os 54 anos. Por sexo, o 91% dos condutores denunciados neste período de tempo son homes.

Anuncios