O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, o Concelleiro de Mar, Joaquín Goce López, e a Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, despediron na Casa da Navegación de Baiona a Tonichi, veciño baionés integrante do dúo de música “Tonichi y Pacheco” e á súa familia antes de saír no seu veleiro para dar a volta ao mundo, desexándolles unha moi boa travesía e esperando que ao regreso, volvan á Casa para contar a experiencia.
Baiona despide ao seu veciño Tonichi antes de dar a volta ao mundo no seu veleiro

