Sin categoría

A Asociación Veciñal A Irmandade de Priegue convoca un acto informativo sobre o PXOM

Ante a demanda veciñal a Asociación “A irmandade” de Priegue convoca un acto público para o vindeiro venres día 27 ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Cultural desta parroquia para explicar o contido e tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A esta xuntanza pública foron citadas todas as agrupacións políticas con implantación no concello de Nigrán, incluído o grupo que está no Goberno Municipal, para que expoñan tanto para a parroquia de Priegue como para o resto do municipio de Nigrán, a súa opinión sobre o borrador do documento de aprobación provisional e definitiva do PXOM, exposto parcialmente na web do Concello de Nigrán, e escoiten as inquedanzas da veciñanza ao respecto.