Sin categoría

Simulacro de rescate e asistencia a varamentos na praia de Patos

A CEMMA fará o vindeiro sábado 30 de setembro de 12:00 a 14:00 horas un simulacro de rescate e asistencia a varamentos na praia de Patos, en Nigrán. Este simulacro será realizado en colaboración co xornal Faro de Vigo, empresa Reciclajes AVI, escola Prado Surf e Concello de Nigrán.

O obxectivo é facer unha exposición divulgativa e formativa do que podemos facer ou non no caso de localizar un exemplar mariño varado na praia. As actividades enmárcanse dentro da divulgación da Rede de Varamentos de Galicia.

A intención é realizar todo o proceso ata a entrada na auga, polo que as/os máis valentes poden levar toalla e neopreno se teñen. Os interesados poden inscribirse previamente no correo: cemmasolicitud@gmail.com senón no momento previo á actividade na mesma praia.