O baionés Brais Gómez, preseleccionado para os Campionatos de España de Ciclismo Escolar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Federación Galega de Ciclismo deu a coñecer este mércores os corredores preseleccionados para os Campionatos de España de Ciclismo Escolar que se celebrarán do 7 ao 9 de xullo en Ávila.

Entre eles figura o baionés Brais Gómez Cima, do Ponteareas, na categoría estrada cadete. A próxima semana coñecerase a lista definitiva.