Gael Fernández, do CPA Gondomar, proclámase campión galego

Joel Ribeiro, patinador recentemente estreado na presente tempada na modalidade de “solo dance”, proclamouse campión de Europa xuvenil no Campionato de Ponte di Legno en Italia. Gael Fernández, patinador benxamín, consegue proclamarse campión galego na modalidade de “libre”, no Campionato Galego celebrado en Redondela. O Club Patinaxe Artística Gondomar segue recompilando éxitos e crecendo deportivamente.