
O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 15 de setembro de 9:00 a 12:00 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o mércores 20 de setembro nunha excursión ao Museo do Mar de Vigo e posterior comida-baile no Restaurante Casas de Redondela. A saída será ás 10:30 da Oficina de Turismo de Panxón e o regreso aproximadamente ás 20:00 horas. O prezo, co transporte, comida e entradas incluídas, é de 25 €/persoa. Está destinado a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata esgotarse as 100 prazas dispoñibles.