Anselmo López Carreira fala este xoves en Gondomar da Historia negada de Galicia

Este xoves 25 de xaneiro, ás 20:00 horas no Centro Neural de Gondomar e organizada pola Asociación Cultural Centáurea, terá lugar a conferencia/parladoiro “A Historia negada”, co profesor e historiador Anselmo López Carreira.

Xa na súa época Murguía, Vicetto ou Castelao denunciaban o ocultamento da historia de Galicia por parte dos historiadores oficiais, malia ter desde a Antigüidade e ao longo da Idade Media unha historia propia e relevante. Mais a historia de Galicia tiña moi difícil encaixe no relato oficial da historia de España, tal como se deseñou desde o século XIX, polo que foi marxinada e relegada ao esquecemento. Recuperar o seu valor é a tarefa de hoxe en día.

Anuncios