
Sobre as 23:00 horas de onte os servizos de extinción comunicaban ao 112 que remataban a súa intervención. O lume quedaba totalmente apagado, aínda así, esta madrugada reaviváronse as lapas.
Ao fío das 04:30 horas un particular alertaba ao 112 Galicia de que o lume no viveiro de Baiona activárase de novo, polo que, informouse decontado novamente aos membros do GES de Valmiñor, aos Bombeiros de Baixo Miño e de Vigo, e á Garda Civil.
Cando chegaron ao punto, os membros do GES confirmaron que o incendio se reavivara, e que a nave tiña activos varios focos, os cales foron capaces de controlar, e o lume quedou totalmente extinguido.