Aprazadas as festas da Virxe da Luz na Xunqueira

Unha intensa tromba de auga impediu na mañá deste sábado a saída da procesión da Virxe da Luz no barrio da Xunqueira, na parroquia gondomareña de Borreiros, tras a Misa Solemne celebrada ás 12:00 do mediodía. Así mesmo, a Comisión de Festas informou de que as tradicionais “poxas” previstas para esta tarde e a verbena da noite co grupo D’Líder e M-3 Show quedan aprazadas ata unha nova data que se anunciará proximamente.